O Celta quer ante o Xetafe volver probar o sabor dos 3 puntos

A armada celeste visita Madrid co obxectivo de concretar o bo xogo cunha clara vitoria e dar así o salto á zona nobre do taboeiro. 

Rafinha, Celta

O Celta viaxa a Xetafe con 18 efectivos, entre os cales Luis Enrique elixirá a alineación que ten como misión conquistar a segunda vitoria no que vai de Liga. O partido (22:00 horas, Coliseum Alfonso Pérez , Canal+Liga e Gol TV) é un máis dun tramo do calendario (3 partidos en 7 días) que, pola brevidade entre os encontros, obriga á máxima exixencia.

A armada celeste quere dar un golpe de autoridade e atinxir os tres puntos, conquistando así unha vitoria que non saborea nesta liga desde que derrotou o Betis na segunda xornada. Os celestes van décimos, con 6 puntos froito dunha vitoria e tres empates.

'Geta'

A armada celeste terá enfronte ao Xetage, 'El Geta', no que actulamente milita un celtista de berce e corazón como é Roberto Lago. Os madriñeos teñen ausencias destacadas para este encontro, como as de Lafite ou Escudero.

Comentarios