O Celta non é quen de superar o empate e o Dépor encaixa a súa terceira derrota consecutiva

Os celestes fraguaron un moi bo partido contra o Vilareal porén non foi quen de gañar (0-0). Os branqui-azuis caeron en Bilbao 4-1.

depor athlétic fútbol deporte LFP
photo_camera Fotos: LFP

Nin Celta nin Dépor lograron vencer nos seus compromisos da xornada 27 da Liga. Os celestes non foron quen de superar na casa o Vilareal embora callar un bo partido, e os coruñeses sofreron unha severa derrota en San Mamés e os sinais de alarma comezan a activarse nos deportivistas ante o temor a que lles pase o do Eibar na anterior tempada.

En Balaídos viviuse un partido vibrante, de poder a poder, no que Celta e Vilareal xogaron con intensidade e dispondo de oportunidades. Sobre o céspede, dous dos equipos máis atractivos en canto a xogo deste campionato. O Celta tivo o dominio do balón, mais o Vilareal prantouse serio, forte e cunhas saídas en ataque vertixinosas.

En San Mamés, un Aduriz imponente capitaneu o Athletic fronte un Deportivo que coa súa derrota en Bilbo acumula 3 derrotas consecutivas e 11 partidos sen gañar na LFP. Na vindeira ornada, o Dépor recibe o Málaga, un equipo ao que os coruñeses non derrotan en Liga desde o 2013.  

Imaxes: LFP

Comentarios