EMPATE SEN GOLES

O Celta non pode co Getafe en Balaídos

Os celestes, que chegaron a disparar até 18 veces a porta, non foron quen de superar o Getafe no encontro que tivo lugar na noite de onte en Vigo.

[Imaxe: RCCV] Berizzo volveu contar co "Tucu" Hernández
photo_camera [Imaxe: RCCV] Berizzo volveu contar co "Tucu" Hernández

Aínda que segue invito no que vai de liga, o Celta marchou onte aos vestiarios cunha sensación agridoce. E é que non foi quen de superar un Getafe que non se achicou en Balaídos e que, por riba, xogou a desgastar o equipo de Berizzo, con numerosas perdas de tempo que non foron penadas polo árbitro, Prieto Iglesias.

Ao Celta custoulle arrincar, faltoulle a axilidade doutros partidos e careceu de pegada. Até en 18 ocasións tirou a porta, mais o balón, unhas veces por actuacións acertadas de Guaita e outras por falta de puntaría, non conseguiu chegar á rede.

 A primeira ocasión do equipo vigués chegou no minuto de 10, cun remate de Iago Aspas ao pau. Ao pouco era Nolito quen probaba sorte cun cabezazo que foi por fóra da portería rival. Malia a presión do Celta, un ordenado Getafe era quen de cortar o xogo dos do Toto.

No segundo tempo, o Getafe imprimiu unha maior contundencia no xogo e o seu porteiro atallaba todos os tiros a porta do conxunto local. Fíxoo aos 18 minutos cun gran remate de Nolito, que pouco despois era protagonista doutro disparo que rozou a escuadra. O Getafe dispuxo dunha ocasión clara que interceptou Sergio co pé. No tramo final do encontro, o equipo visitante pechouse en banda, e o partido rematou sen goles.

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Bongonda, min.90), Orellana, Pablo Hernández, Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.74).

Getafe: Guaita; Alexis, Vergini, Lafita (Moi Gómez, min.77), Álvaro (Stefan, min.68), Sarabia (Buendía, min.74), Vigaray, Víctor R., Damián, J. Rodríguez e Medrán.

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amoestou Nolito, Vergini, Vigaray, Buendía e J. Rodríguez.

Comentarios