O Celta empata en Valencia (1-1) nun partido no que foi de menos a máis

Un gol marca Iago Aspas dálle un punto aos celestes, que ao longo do encontro foron correxindo un mal inicio.

Iago aspas celta
photo_camera Imaxe: La Liga

Puntuar en Mestalla non é pouca cousa. É un campo sempre difícil para o visitante, independentemente do estado de saúde futbolística do seu inquilino. O Celta logrou aí resgatar un punto esta cuarta feira ao empatar co Valencia (1-1) nun encontro no que foron estes os que dominaron e mandaron.

O Celta, que comezou mal, foi mellorando ao longo do encontro. A formulación ultradefensiva de Antonio Mohamed (cinco defensas, tres medios) non fixo de muralla fronte aos valencianistas senón que agarrotou os celtistas e convidou aos ‘ches’ a abalanzarse sobre a área celeste.

Aos 24 minutos, o gol de Batshuayi.O valencia aminorou a súa ofensiva e o Celta xcomezou tímidamente a intentar elaborar fútbol. Após o descanso, con Pione Sisto por Okay, o Celta empezou a ser o Celta. Iso si, o Valencia continuaba a ameazar e tivo dúas ocasións (Rodrigo e o excéltico Wass) para marcar. Mais foi o Celta quen o fixo, a 9 minutos do final.  Gran centro de Juncá e xenial cabezada en prancha de Iago Aspas. Cinco goles leva xa o de Moaña.

Ficha

Valencia CF (1): Neto, Piccini, Garay, Murillo, Gayá, Soler, Wass, Coquelin (Kondogbia, min.70), Guedes, (Cheryshev, min.77), Batshuayi (Gameiro, min.80) e Rodrígo

RC Celta (1): Sergio, Hugo Mallo (Dennis, min.70), Roncaglia, Cabral, Araujo, Juncà, Beltrán, Lobotka, Okay (Sisto, min.46), Iago Aspas (Junior, min.85) e Maxi Gómez

Goles: 1-0, min.25 Batshuayi; 1-1, min.82: Iago Aspas

Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amoestou  Iago Aspas, Hugo Mallo, Beltrán, Batshuayi

Campo: Mestalla

Comentarios