Nin o Celta nin o Deportivo estiveron á altura da exixencia que lles impoñían as súas respectivas citas. Os celestes no Reino de Navarra, ante o Osasuna; e os branquiazuis perante o Xetafe. Os equipos galegos caeron, sen honra ningunha podería se dicer. E abónanse ao descenso.
O Celta viaxou até Nafarroa para xogar contra o Osasuna. Sabían que tiñan que gañar ante un rival directo, pois só dous puntos os separaban (antes do encontro) dos irundarras. Non o fixeron. Perderon un a cero e están ao borde do precicipio. Un gol do osasunista Armenteros, aos 10 minutos da segunda parte, puxo de manifesto que o Celta non estaba a ter o seu día. De principio, optou por deixar nas botas dos navarros a pelota e o xogo. E acabou pagando a volta. Non foi quen de atinxir o empate, malia dúas oportunidades que tivo a balón parado.
Pouco despois de que o Celta caese, os deportivistas (pechacancelas da táboa ligueira) saltaron ao campo do Xetafe. Nos primeiros compases do partido, o Depor semellaba telo todo a favor. A expulsión dun xogador do equipo madrileño e o gol de Pizzi poñían o escenario moi ben para os herculinos. Mais fo un espellismo. Ao final dos 90 minutos, 3 a un para os españois e o Depor de volta para Coruña máis afundido na táboa. E, por riba, cun calendario a corto prazo dos de meter medo, con enfrontamentos co Sevilla, Barça...