Celta e Depor, empeñados en aumentar a representación galega en segunda división

Nin Celta nin Deportivo foron quen de cumprir. Malia saber que se xogaban moito máis que tres puntos nos seus respectivos encontros. Os vigueses caeron fronte o Osasuna (0-1) e os coruñeses ante o Xetafe (3-1)
depor

Nin o Celta nin o Deportivo estiveron á altura da exixencia que lles impoñían as súas respectivas citas. Os celestes no Reino de Navarra, ante o Osasuna; e os branquiazuis perante o Xetafe. Os equipos galegos caeron, sen honra ningunha podería se dicer. E abónanse ao descenso.

O Celta viaxou até Nafarroa para xogar contra o Osasuna. Sabían que tiñan que gañar ante un rival directo, pois só dous puntos os separaban (antes do encontro) dos irundarras. Non o fixeron. Perderon un a cero e están ao borde do precicipio. Un gol do osasunista Armenteros, aos 10 minutos da segunda parte, puxo de manifesto que o Celta non estaba a ter o seu día. De principio, optou por deixar nas botas dos navarros a pelota e o xogo. E acabou pagando a volta. Non foi quen de atinxir o empate, malia dúas oportunidades que tivo a balón parado. 

Pouco despois de que o Celta caese, os deportivistas (pechacancelas da táboa ligueira) saltaron ao campo do Xetafe. Nos primeiros compases do partido, o Depor semellaba telo todo a favor. A expulsión dun xogador do equipo madrileño e o gol de Pizzi poñían o escenario moi ben para os herculinos. Mais fo un espellismo. Ao final dos 90 minutos, 3 a un para os españois e o Depor de volta para Coruña máis afundido na táboa. E, por riba, cun calendario a corto prazo dos de meter medo, con enfrontamentos co Sevilla, Barça...

Comentarios