Perde 2-0

O Celta despídese da Copa en Anoeta

A Real Sociedade acabou co soño copeiro do Celta. O equipo adestrado por Miguel Cardoso caeu en Anoeta por dous tantos a cero no partido de volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei.

[Imaxe: RCCV/La Liga]
photo_camera [Imaxe: RCCV]

O clube donostiarra fixo bo o empate colleitado en Balaídos o 1 de novembro e asinou a súa entrada nos oitavos de final da Copa do Rei tras gañarlle por dous goles a cero ao Celta na casa.

Foi un partido marcado pola igualdade en canto á posesión de balón e ás oportunidades nos primeiros minutos do partido até que os locais estrearon o marcador grazas a un tanto de Oyarzabal cando apenas pasaban dez minutos desde que o árbitro indicase o inicio do encontro. Tan só un cuarto de hora após, a Real Sociedade asinaba o 2-0 cun gol de Januzaj.

Lonxe de baixar os brazos, o Celta saltou ao campo na segunda parte na busca dun tanto que o metese na eliminatoria. Cardoso moveu entón o banco para tratar de conseguir aire fresco con Jozabed, Maxi Gómez e Iago Aspas. Porén, os celestes non lograron materializar ningunha das oportunidades das que dispuxeron.

R.Sociedade: Moyá; Zaldua, Le Normand, Moreno (Aritz min.74), Theo; Oyarzabal, Illarra, Zurutuza (Zubeldia min.51), Januzaj (Mikel Merino min.82); Juanmi e Willian José.

RC Celta: Sergio; Kevin, Cabral, Araujo, Júnior Alonso, Mazán; Fran Beltrán, Okay (Jozabed min.55), Hjulsager (Aspas min.69), Sisto e Emre Mor (Maxi Gómez min.57).

Goles: 1-0, min.9: Oyarzabal; 2-0, min.27: Januzaj;

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano.

Comentarios