O Celta deberá remontar en Kharkiv

A efectividade do Shakthar de Donetsk dálle a vitoria en Balaídos fronte a un Celta que quixo, mais non puido (0-1).

Celta Shakhtar

O Celta terá que remontar a vindeira semana en Kharkiv, a cidade ucraína en cuxo estadio xoga desde que comezou o mes o Shakthar de Donetsk. Caeron os celestes na casa (0-1) nun partido no que foron de menos a máis pero no que foron nulos cara o gol. O Shakhtar marcou no minuto 26 nunha contra abenzoar pola mala sorte do Celta. O tanto de Gustavo Blanco deulle seguridade os ucraínos, coñecedores das competicións europeas )foron campións da UEFA en 2009 após derrotar o Werner Bremen)

O Celta non baixou os brazos. Nomeadamente na segunda metade, foise facendo co control do partido mais o marcador seguía a cero. Non acababa de definir. Precisaban os celestes unha vitoria após a derrotar co Alavés e o malfado fronte ao Atlético. Non chegaba e os celestes tiveron a intelixencia de non caer no paroxismo, asumindo que ficaban 90 minutos do partido de volta e que son quen de poder remontar.

O equipo de Donetsk _que até os 50 tiña como equipación principal unha camisola celeste- é forte, rochoso e seguro na casa. O Celta debe ter confianza e esperanza porque nestas tempadas amosou que sabe dar a volta a resultados e gañar lonxe de Balaídos.

Ficha

Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja (Jozabed, min.74), Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Bongonda (Sisto, min.57), Guidetti (Rossi, min.84).

 Shakthar (1): Pyatov, Srna, Ordets, Rakitskyy, Ismaily, Fred, Malyshev, Marlos (Azevedo, min.90), Dentinho (Kovalenko, min.46), Taison (Bernard, min.83), Blanco.

 Goles: Gustavo Blanco, 0-1, min.26.

 Árbitro: Gediminas Mazeika, de Lituania. Amoestou Radoja, Wass, Iago Aspas (Celta); Ordets, Taison, Srna, Malyshev, Rakitskyy (Shakhtar).

 Campo: Balaídos (18.318 espectadores).

Comentarios