O Celta B gaña en Riazor contra o Depor no "derbi do morbo"

Histórica derrota do Depor diante do filial do Celta. O encontro rematou coa expulsión de Fernando Vázquez por dobre cartón amarelo por protestar.
Vitoria do Celta B en Riazor contra o Depor (RCDeportivo)
photo_camera Vitoria do Celta B en Riazor contra o Depor (RCDeportivo)

O Celta B conseguiu gañar ao Deportivo este domingo nun derbi histórico en Segunda B. Co resultado final de 1-2 con goles de Alfon (24’), Galán (27’) e outra vez Alfon (39’), o “partido do morbo” achega algo máis aos de  Onésimo Sánchez a posicións de ascenso.

Nas alineacións, Sánchez contou para o Celta B con Sequeira, Ferrares, Lucas Cunha, Carlos Domínguez, Diego Pamín, Markel, Holsgrove, Alfon, Manu Justo, Bruninho e Josipovic e o Depor saltou ao campo con Carlos Abad, Eneko Bóveda, Mujaid, Álex Bergantiños, Borja Granero, Salva Ruiz, Nacho González, Agbo, Celso Borges, Borja Galán e Diego Rolan.

Os primeiros minutos foron de dominio do Deportivo, que forzou varios saques de esquina. Aínda así unha xogada do Celta B no minuto 12 a cargo de Josipovic deu un aviso de que o partido daría moito xogo. O Depor tentouno como a de Rolan no minuto 19 nun erro de Pampín. Os de Vigo seguían avisando e no minuto 24 chegou o premio co gol de Alfon cun disparo cruzado.

O Deportivo reaccionou no minuto 27 cun centro de Borges que toca Rolan e remata finalmente Galán. O partido estaba en táboas mais unha xogada do Celta B pouco antes de rematar o primeiro tempo, no minuto 39, finalizou cunha xogada de Alfon que adiantaba outra vez aos de Onésimo Sánchez. A primeira parte rematou cunha posibilidade de empate perdida nun cabezazo de Borges no minuto 42.

Segunda parte e expulsión de Vázquez

A segunda parte comezou cunha oportunidade de Borges no minuto 52. As protestas de Fernando Vázquez fixeron que levara un cartón amarelo minutos antes de que tamén o levara o celeste Josipovic. O Depor continúa levando a iniciativa e no minuto 64 Vázquez realiza o primeiro troco do encontro e entra Rui Costa por Nacho González.

O Celta B non deixou de tentar ampliar o marcador Bruninho tentouno con disparos lonxanos nos minutos 67 e 72. Vázquez move outra vez ficha e retira a Bóveda, Bergantiños e Salva Ruiz facendo que entre Valín, Héctor Hernández e Gandoy. Dous minutos despois fai o mesmo Onésimo e entra Gabri Veiga por  Josipovic. As continuas protestas de Vázquez rematan en expulsión no minuto 86 por dobre cartón amarelo.

Os últimos minutos do encontro foron de defensa do marcador por parte do Celta B e un cartón amarelo para o porteiro do Celta B. Malia os 4 minutos que engadiu o árbitro o partido rematou con vitoria do Celta B en Riazor.

Comentarios