Celta B, Deportivo e Rácing xa teñen rivais na Primeira RFEF

A RFEF publica os grupos da nova Segunda B.
Riazor (na imaxe) e Balaídos optan a recibir a Copa do Mundo. (Foto: RC Deportivo).
photo_camera O Deportivo, o Celta e o Rácing competirán con outros 17 equipos na procura das dúas prazas de ascenso. (Foto: RC Deportivo).

Os representantes galegos na flamante Primeira RFEF, que substitúe a desaparecida Segunda B como terceira categoría do fútbol a nivel estatal, xa coñecen os seus rivais de cara á tempada 2020/21.

Así, Deportivo da Coruña, Rácing de Ferrol e o filial do Celta competirán no Grupo 1 dos dous que conforman a competición, onde os seus rivais serán Rácing de Santander, Cultural e Deportiva Leonesa, Tudelano, Calahorra, Valladolid Promesas, Zamora, Unionistas, San Sebastián de los Reyes, Rayo Majadahonda, DUX Internacional de Madrid, Talavera, Badaxoz, Estremadura, o histórico Real Unión de Irún e os dous equipos da cidade de Logroño, Sociedade Deportiva Logroñés e Unión Deportiva Logroñés.

Finalmente, e en votación entre os 40 equipos da categoría, decidiuse que o criterio para a determinación de ambos os grupos fose xeográfico, trazando unha liña divisoria diagonal descendente que atravesa a Península Ibérica de leste a oeste, razón pola cal os conxuntos galegos xogarán contra vascos, navarros, rioxanos, cántabros, madrileños, casteláns e estremeños. 

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, xustificou esta medida apelando a que era o mellor modo "de lograr unha maior igualdade competitiva entre ambos os grupos". De todos os modos, esta decisión abre a porta a unha reinterpretación anual da norma, pois os descensos e os ascensos propios de cada tempada poden rachar con ese precario equilibrio.

Felipe Miñambres seguirá no Celta un ano máis

A parcela directiva do Real Club Celta ten dúas frontes abertas neste inicio de mercado: a renovación do director deportivo Felipe Miñambres e a do técnico Eduardo Coudet, das cales a primeira quedou fechada na xornada de hoxe.

O ex futbolista internacional continuará como máximo responsábel das altas e baixas no primeiro equipo celeste, polo menos, até xuño de 2022, dando continuidade a unha etapa que comezou no ano 2016.  

Nun acto desenvolvido na céntrica sede viguesa do Real Club Celta, Miñambres estampou a súa firma no novo contrato en compañía do presidente Mourinho e manifestou a súa "alegría" por "seguir formando parte do proxecto".

Comentarios