Cifra histórica de partidos gañados fóra da casa

O Celta aséntase nos postos europeos ao gañar ante o Sporting

Os vigueses gañaron no Molinón por 0 goles a 1, grazas a un tanto de Nolito, e estabeleceron unha nova marca histórica: o Celta de Berizzo é o que máis puntos recolleu fóra de Balaídos.

[Imaxe: RCCV]
photo_camera [Imaxe: RCCV]

O 0-1 ante o Sporting de Gijón asenta o Celta en quinta posición, con 52 puntos e a tan só cinco dos postos da Liga de Campións. Foi o da mañá do domingo un partido no que os vigueses tomaron a iniciativa e dominaron o xogo.

A presión do Celta estivo a piques de se converter en gol no minuto 11, cun disparo de Nolito que rozou o pau da portaría rival. Outra vez o gaditano e noutras dúas ocasións Orellana puideron estrear o marcador, mais sempre deron coas luvas do porteiro rival.

O Sporting tivo unha oportunidade clara cando estaba a piques de chegar o descanso. Porén, Tonny Sanabria fallou só ante Rubén Blanco após un error da defensa celeste.

Na segunda parte, os locais aumentaron a intensidade de xogo e presionaron o Celta nos primeiros minutos. Porén, cando o reloxo marcaba o 63, Nolito superaba a Cuéllar cun disparo raso pegado ao pau.

Comentarios