O Celta argalla unha festa previa ao partido co Vilarreal

Keltoi! e Miguel Costas amenizarán a espera nos exteriores de Balaídos.
Antes do encontro de ida ante o Vilarreal (1-1), en xaneiro, a afección protagonizou un masivo recibimento ao equipo fronte ao Vilarreal. (Foto: RC Celta)
photo_camera Agárdase un masivo recibimento ao equipo fronte ao Vilarreal. (Foto: RC Celta)

Queda pouco para o primeiro partido de 2023 no Estadio Municipal de Balaídos, e o Real Club Celta fai un chamamento para que o equipo e todo o celtismo se unan antes e durante o choque de pasado mañá ante o Vilarreal "nunha celebración de 100 anos de afouteza e corazón" que tivo que ser posposta pola alerta meteorolóxica que acompañou o último xogo celeste como local, hai dúas semanas.

O encontro contra o Vilarreal, programado ás 21 horas, será o eixo central "dunha gran festa con protagonismo absoluto da afección para conmemorar os primeiros 100 anos que cumpre o club".

As actividades comezarán na contorna de Balaídos ás 16 horas con animación infantil, pintacaras, animadores, zancudos, globoflexia… Xa desde as 17.45, na chaira exterior de Tribuna, os e as seguidoras olívicas poderán gozar despois coa música de Keltoi!, que contarán cun convidado moi especial para a ocasión. Miguel Costas, membro histórico de Siniestro Total.

A xornada musical completarase co DJ Javier Vidal, como preludio do puntos forte da xornada, ás 19.23 horas, cando o autobús celeste chegará ao estadio para "revivir espectaculares escenas de comuñón entre equipo e afección que tantas vitorias, algunhas milagrosas, propiciaron".

Comentarios