O Celta acostúmase a gañar e prolonga o soño europeo

A escuadra celeste supera o Xetafe por 1-0
Kevin e Cucurella protagonizaron un intenso duelo no carril zurdo. (Foto: La Liga).
photo_camera Kevin e Cucurella protagonizaron un intenso duelo no carril zurdo. (Foto: La Liga).

O Celta superou o Xetafe en Balaídos (1-0) e prolonga a xeira de vitorias acadando o seu cuarto triunfo consecutivo, e agora queda a expensas do que fagan hoxe os seus rivais por entrar nos postos europeos, Betis e Vilarreal. 

Visualmente non foi un partido agradábel de ver. Nunca o son cando está implicado un Xetafe que pouca xente botará en falta se finalmente se consuma o seu descenso á Segunda División.

Porén, os de Bordalás arrancaron mellor que os celestes, facendo gala da intensidade que os caracterizaba en exercicios anteriores. Non sen dificultades, os xogadores celestes aguantaron e nunha xogada illada maxistralmente definida por Nolito adiantáronse no minuto 24, estabelecendo un 1-0 que xa permanecería indelébel no marcador até o final do partido.

O Deportivo reactiva os campus infantís de verán

A tempada rematou para os veciños do norte a pasada fin de semana, mais a actividade non se detén no Real Club Deportivo. 

Así, en primeiro lugar, no día de onte oficializou o nome do substituto de Alfonso Serrano -que decidiu fichar polo Albacete Balompié- á fronte da secretaría técnica do conxunto herculino: Carlos Rosende Mosquera. O coruñés de 33 anos leva traballando na estrutura de captación do Dépor desde 2019, especializándose no mercado Sub-23 e Sénior da Segunda División B. 

Por outra banda, a escuadra galega tamén comunicou o regreso dos Dépor Campus. Volve así unha actividade na que participan anualmente miles de nenos e nenas procedentes de todos os recunchos da Galiza logo dunha edición de 2020 moi condicionada pola pandemia.

Este ano desenvolverase durante os meses de xuño e xullo, e a outra gran novidade é que non só se reactivan as sedes canceladas o ano pasado, senón que se amplían a outras localizacións como Arteixo e Cee, que se suman á Cidade Deportiva de Abegondo, Bertamiráns, Boiro,  Caranza (Ferrol), Cuntis, Monforte, Ourense, Terras de Maside, Viveiro e Zas.

O prazo de inscrición quedou aberto no día de onte e fecharase ás 12 horas da quinta feira previa ao comezo de cada quenda do DeporCampus, mentres que o rango de prezos vai dos 125 euros por unha semana de campamento até os 455 por un total de seis semanas.

Comentarios