Celta acada ante o Osasuna os seus 3 primeiros puntos nesta liga

Os goles de Iago Aspas e Berejo deron a vitíoria aos celestes en Balaídos

E á terceira foi a vencida. Tras as derrotas frente ao Málaga e á Real Sociedade, o Celta afrontaba na casa a terceira cita da súa volta á primeira división consciente de que tiña que conquistar unha vitória para escorrentar a ansiedade que podería comezar a xurdir, en equipo e siareir@s, cunha nova derrota. E logrou vencer. Dous a cero e frente ao Osasuna, un rival do que no argot futbolístico se denomina 'correoso'.

Os goles do equipo celetes foron obra de Iago Aspas e Bermejo (este último xa en tempo de desconto) e permite ao Celta sumar os seus 3 primeiros puntos esta temporada.

Comentarios