O CD Lugo paga caro os seus propios erros en Girona (3-1)

Partido desputado no que os cataláns tiveron maior acerto.

Lugo Girona Imaxe CD Lugo
photo_camera Imaxe CD Lugo

O Lugo caeu perante o Girona (1-3), nunha derrota na que tiveron a ver os erros cometidos polos lucences na defensa. Un partido desputado, intenso por momentos e moito máis aberto do que pode dar a entender o resultado final. No minuto 6 do encontro había empae a un, o que permite facerse unha idea do enchufadas que saíron ambas as dúas equipas en Montilivi.

No minuto catro adiantábase o Girona, que colleu descolocada a defensa lucense, cun tanto de Borja. Reaccionou moi rápido o CD Lugo, que dous minutos despois empataba grazas a un testarazo de Carlos Hernández. Partido aberto, coas dúas equipas procurando o control e as súas oportunidades. Porén, un novo erro defensivo era aproveitado polo Girona para marcar o segundo gol.

Na segunda metade o Girona saiu intentando controlar o ritmo do partido e co Lugo decidido a procurar o empate. Os lucenses non tiña éxito e se ben se foron facendo co dominio do partido, non eran quen de chegar con perigo e de materializar ese control. Xa fóra de tempo, o Girona marcaba o terceiro gol, consumando a súa cuarta vitoria consecutiva.

Ficha técnica

Girona (3): René; Coris (Cifuentes, m.84), Pablo Marí, Alcalá, Ramalho, Aday; Pere Pons, Portu, Granell, Borja García (Rubén Alcaraz, m.80); e Longo (Cristian Herrera, m.89).

Lugo (1): José Juan; Calavera, Carlos Hernández, Marcelo, Manu; Pedraza (Caballero, m.70), Sergio Gil, Pitu, Campillo (Yelko Pino, m.76); Iriome (Perea, m.76); e Joselu.

Goles: 1-0, m.4: Borja. 1-1, m.6: Carlos Hernández. 2-1, m.35: Borja García. 3-1, m.93: Rubén Alcaraz.

Comentarios