O CD Lugo logra un punto a domicilio ante o Mallorca

Os lucenses empatan a ceros en San Moix nun partido que decorreu a un ritmo lento.

lugo-mallorca
photo_camera Foto: RCD Mallorca

O CD Lugo conquistou un punto en Mallorca, un dos equipos que, en palabras do adestrador lucense Quique Setién, vai ser dos que acabe o final de temporada loitando polo ascenso a Primeira. Así pois, un punto para estar “contento”, como engadiu o adestrador.

Foi un empate sen goles como corolario a un encontro lento, pausado, por veces pesado. Os lucenses controlaron gran parte do partido, mais sen crear oportunidades de gol. O Mallorca tivo ocasións mais ningunha delas clara.

O Lugo segue nos postos altos da táboa, con 21 puntos conquistados en 12 partidos, dos que gañou seis.


Ficha técnica

0-RCD Mallorca: Miño, Ximo, Bigas, Geromel, Miguel García (Kevin, min 46), Thomas, Martí, Alfaro (Marco Asensio, min 83), Víctor (Geijo, min 69), Nsue y Gerard Moreno.

0- CD Lugo: José Juan, De Coz, Pavón, Jorge, Manu, Seoane, Pita, Iván Pérez (Iago Díaz, min 81), Álvaro Peña, Pablo Sánchez (Juanjo, min 68) y Rennella (Sandaza, min 62).

Árbitro: Muñoz Mayordomo . Amonestou a Geromel, Kevin, Jorge García, Manu

Estadio: Iberostar Estadi


 


 

Comentarios