luns 25.05.2020

O CD Lugo emite partidos clásicos para amenizar a corentena

A canle de Youtube da entidade albivermella está subindo encontros antigos do equipo lucense.
As afeccionadas están desexando poder volver cantar ao vivo os goles do Club Deportivo Lugo (Foto: Nós Diario).
As afeccionadas están desexando poder volver cantar ao vivo os goles do Club Deportivo Lugo (Foto: Nós Diario).

Todos os afeccionados e afeccionadas teñen ganas de fútbol, tamén as do Club Deportivo Lugo. Non obstante, polo de agora terán que conformarse con ver repeticións de partidos desde a casa.

Por este motivo, o Lugo e grazas á cesión de dereitos por parte da Liga de Fútbol Profesional, está a emitir na súa canle de Youtube encontros de tempadas pasadas.

Entre outros, os seareiros e seareiras albivermellos puideron e poderán gozar, sen moverse do sofá, de encontros transcendentais na historia do clube o Lugo–Bilbao Athletic da tempada 2015/16, ou CD Lugo- Almería da pasada campaña, así doutros partidos contra rivais que son historicos da Primeira División como Zaragoza, Numancia ou Osasuna.

Por outra banda, desde a entidade albivermella anuncia que “debido ao endurecemento do estado de alarma” até o vindeiro día 9 de abril “non será posíbel acender a megafonía do  Anxo Carro para emitir o xa típico ‘Resistiré’, pero seguro que desde as nosas casas enviaremos un aplauso moi forte aos heroes que loita cada día contra esta pandemia”, apunta o Club Deportivo Lugo.

comentarios