O CD Lugo deixa escapar 2 puntos en Miranda

A equipa lucense, que empatou co Mirandés (2-2), mantense invicta após 8 xornadas.

CD Lugo Mirandés
photo_camera Imaxe. CD Lugo

O CD Lugo deixou escapar dous puntos no Municipal de Anduva fronte a un Mirandés ao que comezou gañando. Era un partido que xeraba expectación ao estar os dous contendentes invictos nos que ía de Liga e partillar un xogo potente e creativo. Ao final, reparto de puntos e a calidade de invitos intacta.

Comezou o encontro cun CD Lugo que creaba e combinaba da man do once tipo no que aposta Luis César. Os lucenses sabían que se enfrontaban a unha cita exixente e así a asumiron desde o primeiro minuto. Imprimiron un ritmo rápido, creando desde a atrás e tendo o dominio da bola. Así foi como, primeiro Joselu e despois Pedraza, adiantaban os galegos. Non chegaba o partido aos 20 minutos desputados e o CD Lugo xa gañaba por dous goles a cero. Até o final da primeira metade aínda tivo a equipa amurallada varias oportunidades de incrementar a súa vantaxe mais non foi quen de concretalas, o que acabaría pagando.

Na segunda metade o CD Lugo comezou mantendo o dominio mais o Mirandés non deu nunca o partido por perdido. Tan pronto puido enchufar unha oportunidade, nun penalti máis que ben pitado, cumpriu e marcou. Pouco despois volvía bater a portería galega e o resultado final ficaría así, en empate a dous.

Lugo e Mirandés mantéñense invictos após 9 xornadas. O CD Lugo, segundo na táboa, a 3 puntos do líder, o Levante.

Ficha

Mirandés (2): Sergio Pérez; Moreno, Fran Cruz, Aurtenetxe (Provencio, min.63); Maikel Mesa, Eguaras (Rúper, min.46), Néstor Salinas (Pedro, min.46), Kijera; Sangalli, Guarrotxena e Bustos.

CD Lugo (2): José Juan; Jordi Calavera, Carlos Hernández, Ignasi Miquel, Manu; Seoane, Pita; Iriome, Campillo (Caballero, min.77), Pedraza (Igor Martínez, min.79); e Joselu (Perea, min.86).

Goles: 0-1, min.13: Joselu; 0-2, min.17: Pedraza; 1-2, min.67: Maikel Mesa (p); 2-2, min.76: Guarrotxena.

 

Comentarios