Catro traiñeiras galegas darán a batalla para entrar na Liga ACT

Meira, Ares, Mecos e Pobra competirán con 5 embarcacións vascas e 1 cántabra para atinxir unha praza.

Traiñeira Meira
photo_camera Traiñeira de Meira. Imaxe: Liga San Miguel

Catro traiñeiras galegas, cinco vascas e unha cántabra aspiran a se situar na batalla do 'play-off' que lles permita o vindeiro ano facer parte da Liga ACT ou San Miguel, da que fan parte 12 embarcacións (entre elas as galegas Cabo e Tirán). O 17 e 18 de setembro Bermeo e Portugalete acollerán os play-off de ascenso aos que un total de 10 traiñeiras presentaron a súa candidatura.

Meira, Mecos, Ares e Pobra aspiran a entrar nesa batalla. Por Euskal Herria aspiran Deustu, Lekeitio, Getaria, Ondarroa e Kaiarriba-Donostiarra. E Pedreña será a representante cántabra. Os dous mellores da Liga Galega e os dous mellores da ARC (que integra traiñeiras vascas e cántabras) tamén tomarán parte nesta competición por entrar na Liga ACT, na que tamén estará o penúltimo clasificado desa liga neste 2016. O último descende automatiocamente.

No play off do ano pasado venceu Zumaia, que así logrou entrar na ACT. Portugalete conquistou no 'play off' o seu dereito a permanecer na máxima competición, após unha dura pugna con Getaria.

Comentarios