luns 26/10/20

Castigados sen fútbol: Xunta deixa sen este deporte a 31.000 [email protected]

Máis de 31.000 [email protected] de entre 6 e 16 anos fican sen fútbol. Nin partidos nin adestramentos. A decisión da Federación Galega deriva de excluír a Xunta o fútbol do seguro médico Xogade. 

futbol

Nin o fútbol que xogan milleiros de nenos galegos. Nin este deporte fica á marxe dos recortes e tesoiradas da Xunta. Desde o goberno galego decidiuse deixar esta modalidade á marxe do seguro médico Xogade alegando que tiña moitos practicantes e xera lesións, feridas e accidentes que ten que cubrir o seguro. Así pois, e na mentalidade da Xunta, non é rendábel. Por iso, opta por dar unha achega (300.000 euros) á Federación Galega de fútbol e que esta procure un seguro.

A decisión xa tivo unha resposta contundente pola FGF: suspendéronse esta segunda feira partidos e adestramentos das categorías de pre-benxamín a cadete. É dicir, alén destas dúas, as de benxamíns, alevíns e infantís. Por volta de 31.000 nenos e mozos.

Jaime Otero, delegado pontevedrés da FGF, recoñece que a póliza cesou en 14 do presente mes de novembro polo que decidiron contratar unha prórroga de tres días. Mais non houbo notificación oficial algunha, apunta. Un feito que eleva o enfado dos afectados. Iso si, nesta segunda feira vai haber unha xuntanza entre federación e Secretaría Xeral de Deportes.

Intocábel?

Semellaba a liña que a Xunta de Feijóo non estaba disposto a pasar: a de adoptar recortes que poidan afectar ao fútbol que practican os nenos (31.000 xogadores no noso país) por temor ao impacto que podía ter na opinión pública.

Mais a tesoira de Feijóo si que se mete no deporte desde hai tempo. Un exemplo, as traiñeiras, un deporte propio e tradicional de Galiza e no que as achegas da administración van a menos, malia a gran calidade de clubes e vogadores. E as traiñeiras é só un exemplo. Gran parte do deporte ven sendo albo de recortes (axudas, instalacións, apoios...) desde hai uns anos.

comentarios