Caso Jimmy: o xuíz non continuará a investigar malia a versión da testemuña protexida

O caso do seareiro deportivista asasinado perto do Vicente Calderón nunha emboscada de ultras do Frente Atlético podería saldarse sen ningunha acusación por asasinato.

jimmy-crop

O titular do Xulgado de Instrución nº 20 de Madrid, Juan Antonio Sáenz, non vai abrir novas dilixencias no 'caso Jimmy' malia a versión ofrecida pola testemuña protexida, segundo relata Europa Press. Foi en xullo cando esta testemuña, menor de idade, identificou catro persoas como os presuntos autores do asasinato de Francisco Javier Romero Taboada. Na súa declaración esta persoa, que afirmaba que estivo no lugar dos feitos, corroboraba en grande medida a versión policial. El identificou a 2 dos 4 ultras fascistas do Frente Atlético detidos no seu día polo asasintao de 'Jimmy' e que en maio foron postos en liberdade por falla de probas.

Sáenz -cuarto xuíz na investigación deste caso- decidiu en maio poñer en liberdade os 4 acusados polo asasinato por entender que había “dúbidas máis que razonábeis”. O maxistrado razonaba qe naquela lea foran 2 os seareiros galegos que foron botados ao Manzanares. 'Jimmy' e outra persoa, e que non podía zsegurarse que os detidos participaran na de Jimmy.

Fontes xurídicas consultadas por EP apontan a que no prazo dun mes o maxistrado emitirá un auto no que as dilixencias previas pasen ser procedemento abreviado. Agás cambios de última hora, din estas fontes, todo aponta a que as acusacións serán por lea multitudinaria. 

Comentarios