Gaña na gala de Dubai

Carolina Gonzaléz, mellor xogadora mundial de fútbol praia

A deportista viguesa Carolina González é elixida mellor xogadora do mundo na gala Beach Soccer Stars que tivo lugar en Dubai.

Carolina González (cedida)
photo_camera Carolina González (@futgal)

Carolina González fai historia ao ser elixida como mellor xogadora do mundo na gala Beach Soccer Stars, desenvolvida en Dubai en 9 de novembro. A futbolista viguesa xoga actualmente no Málaga CF Feminino e proclamouse campiona dos Xogos Mundiais da Area o pasado mes de outubro, coa Selección Española de fútbol praia. Carolina estivo presente nese campionato anotando goles en todos os partidos e na final marcou un total de cinco goles.

A semana seguinte á conclusión do torneo, coñeceuse que Carolina González era unha das nomeadas aos "Best Women’s player of the year" da sección de fútbol praia xunto a Adriele Rocha (Brasil) e Sarah Kempson (Inglaterra). O resultado final deuse a coñecer na noite deste sábado nunha gala celebrada en Dubai.

A xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol trasladou a súa felicitación a Carolina por este histórico galardón.

Comentarios