A galega Carol González, candidata pola FIFA a mellor xogadora do mundo de fútbol praia

A brasileira Adriele e a inglesa Sarah Kempson serán as rivais da futbolista galega para facerse co Best Women’s player of the year.
Carol Fútbol Praia
photo_camera [Imaxe: FIFA] Carol González, candidata a mellor futbolista sobre area

A viguesa Carol González foi designada pola FIFA como candidata aos Best Women’s player of the year, que determinarán o vindeiro 9 de novembro cal é a mellor fútbolista sobre area do planeta.

A brasileira Adriele e a inglesa Sarah Kempson serán as rivais da xogadora galega do Málaga Club de Fútbol, que ven de proclamarse campioa do mundo nos Mundiais de Qatar, onde anotou cinco goles.

Comentarios