Carlos Pouso, destituído como adestrador do Pontevedra

A directiva do Pontevedra Club de Fútbol, dirixida por Guadalupe Murillo, anunciou mediante un comunicado o despedimento do técnico Carlos Pouso, transcorridos pouco máis de tres meses desde a súa contratación. O seu substituto será Jesús Ramos. 

EIhiHjMXsAAaDwE
photo_camera Carlos Pouso, coa presidenta, Guadalupe Murillo, durante a súa presentación. (Foto: Pontevedra CF).

A directiva do Pontevedra Club de Fútbol, dirixida por Guadalupe Murillo, anunciou mediante un comunicado o despedimento do técnico Carlos Pouso, transcorridos pouco máis de tres meses desde a súa contratación.

Unha negativa xeira de resultados, na que os granotas só foron quen de conseguir 3 de 24 puntos posíbeis, sentenciou ao técnico biscaíño.

O clube pontevedrés falou da "necesidade" de que se produza un "cambio" na dinámica do equipo, e para iso apuntou que o mellor é que o xa ex adestrador deixase de dirixir o equipo.

Pouso seguirá vinculado ao Pontevedra desenvolvendo "outras funcións" sen especificar até final de temporada, e provisionalmente o seu substituto será Jesús Ramos.

Comentarios