Carabullo incendia A Pontenova nun disputado X Aberto do Ferro

A segunda xornada da LNB Nordeste confirmou o bo estado do Carabullo de Ponte de Outeiro que quedou campión por equipos. No campo de fútbol da Mina, na Pontenova, déronse cida un total de 86 palanadoras e palanadores. 
Participantes do X Aberto do Ferro, na Pontenova (@TroitasbravasBillarda)
photo_camera Participantes do X Aberto do Ferro, na Pontenova (@TroitasbravasBillarda)

O campo de fútbol da Mina, na Pontenova, acolleu o pasado domingo o X Aberto do Ferro, correspondente a segunda xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia Nordeste.

Desta volta a participación foi numerosa, cun total de 86 palanadoras e palanadores na procura das afamadas navallas de José Rodil. Non faltaron tampouco á cita algúns deportistas da conferencia Noroeste dos equipos de Campo da Feira de Paiosaco e Filloas de Sangue da Coruña

A competición comezou despois dunha breve lembranza do recentemente falecido Suso Coedo, do equipo Billardeiros Musicais de Ribadeo.

Nun escenario perfectamente preparado polos anfitrións, Troitas Bravas, acadáronse altas puntuacións coa vitoria dos Carabullos, Manu Caldeiro e Isma (24 puntos). 

Na categoría de donas, a seriedade e firmeza de Carme (Troitas bravas) puido ca impulsiva xuventude de Aroa (Billardeiros Musicais), ámbalas dúas conseguiron 16 puntos.

Terceira, sempre rondando os primeiros postos, foi Paula (Chainzos-Cadaval). Aroa repetiu podio en categoría infantil, desta volta ocupou o primeiro posto seguida de Mateu e de Diego (os dous de Madia Leva).

En canto aos equipos, o Carabullo de Ponte de Outeiro levou merecidamente o título de campión.

Comentarios