VIOLENCIA MACHISTA NO DEPORTE

Os cánticos machistas dos 'ultras' do Betis non son punidos pola Liga

Siareir@s da equipa corearon cancións de apoio ao dianteiro Rubén Castro procesado por violencia machista. VÍDEO NO INTERIOR.

A Liga non investigou, nen sequera incluíu no informe elaborado con motivo do encontro contra o Girona, os cánticos que @s siareir@s do Betis pronunciaron desde as bancadas. E non é a primeira ocasión en que se escoitan, xa os corearon contra o Ponferradina.

E é que a afección bética, no concreto os ultras, corearon unha canción de apoio ao dianteiro Rubén Castro, procesado xudicialmente por violencia machista e ao que a Fiscalía pide 2 anos e medio de cadea. 

A afección berrou "era una puta, lo hiciste bien" após ser acusado de violencia machista

Durante o retrouso no Benito Villamarín --e tamén no Toralín-- escoitouse «Rubén Castro alé, Ruben Castro alé, no fue tu culpa, era una puta, lo hiciste bien». Castro foi xulgado por agresións á súa ex-compañeira até en catro ocasións e un delito de "ameazas leves", como confirman os informes médicos presentados pola ex-compañeira. 

O vídeo foi difundido através das redes sociais e embora escoitarse con clareza a apoloxía que se fai na canción á violencia machista no seu informe a LFP non recolle ningunha alusión aos cánticos. 

Nas últimas xornadas a Liga ten denunciado de oficio a equipas como o Mallorca polos cánticos da súa afección contra as bancadas do Atlético Baleares a quen insultaron dicindo "Balearitos hijos de puta". Tamén así, a LFP recolleu no seu primeiro informe sobre cánticos nos estados os insultos dos Riazor Blues contra o xogador blaugrana Rafinha ao que corearon "ti vigués, puto portugués". 

Por tales feitos os clubes tenden a ser sancionados economicamente. 

Comentarios