VÍDEO | Campioas ás que non se lles poñen as medallas. Así foi a polémica cerimonia na Supercopa de fútbol

Ante a controversia que esta cerimonia causou, a Federación publicou un comunicado en que pretendía explicar o acontecido.
As campioas recollendo as súas medallas (Foto: Twitter).
photo_camera As campioas recollendo as súas medallas (Foto: Twitter).

A Supercopa estatal de fútbol que gañou o F.C. Barcelona xerou unha gran polémica nas últimas horas.

Após a finalización do partido, as xogadoras de ambos os equipos tiveron que recoller elas propias dunha mesa as medallas, no canto de que algún alto cargo llelas entregase directamente no pescozo, como adoita ser habitual.

A imaxe contrasta co acontecido na categoría masculina, onde Luís Rubiales, presidente da Feredración Española de Fútbol, si baixou ao céspede para presidir o acto.

Explicación da Federación

Ante a controversia que esta cerimonia causou, a Federación publicou un comunicado en que pretendía explicar o acontecido.

"De acordo con os protocolos de premiación da Federación, e tendo en conta tanto o elevado número de representación institucional, así como as infraestruturas para o acceso ao palco desde o céspede do estadio, o departamento de Protocolo decidiu activar a cerimonia de entrega no palco da mesma maneira que leva cabo na Copa do Rei: entrega da Copa á capitá do equipo campión e entrega de medallas ao equipo vencedor en céspede/vestiario".

"Trátase da mesma cerimonia de premiación que se levou a cabo na última edición da Supercopa Feminina en 2022", engadiu a Federación

Comentarios