A capa do suplemento está dedicada a este deporte-espectáculo con miles de adeptos

O caderno 'Xogar' fornece todos os coñecementos do 'wrestling'

O xornalista Omar Bello fala de "As campioas discretas" nun artigo dedicado ás xogadoras do Burela Pescados Rubén de fútbol sala, que veñen de gañar a súa terceira liga. Ademais, analízanse as prácticas deportivas nesta "nova normalidade" por mor do coronavirus.
webxogar10
photo_camera Capa do novo número do caderno 'Xogar' (Foto: Nós Diario)

Após semanas falando do fútbol galego en todo momento, o Nós Diario de hoxe achega un caderno 'Xogar' especial no que non se fala desta disciplina. As páxinas dedícanse a outros deportes ben interesantes.

O xornalista Héctor Pena escribe, co loitador Zayas como guía, o artigo “Pero que raio é o 'wrestling'?”. Na peza conta o fenómeno fans deste deporte-espectáculo que é toda unha relixión nos EUA.

A Federación Galega de Loita asina o 'Meta voante' con “O deporte fronte á crise sanitaria”.

A reportaxe central do 'Meta voante' destínase ás xogadoras do equipo de fútbol sala Burela Pescados Rubén. O xornalista Omar Bello explica en “As campioas discretas” que estas deportistas de elite gañaron hai escasas semanas o seu terceiro campionato de Liga.

Deporte nesta normalidade

A sección 'Pé a terra' analiza “O baloncesto na nova normalidade” da man de Francisco Martínez, o presidente da Federación Galega de Baloncesto.

O director da revista 'O Dez', Óscar Taboada, escribe “A todo 'filispín'”. E Juan Copa, o entrenador do Liceo de Hóckey a patíns ocupa o 'Selfie' desta quinta feira.

O apartado 'Quen fai que' mestura os movementos e novidades dos equipos galegos de baloncesto e os campionatos de tenis e piragüismo previstos neste tempo.

(Podes ler os artigos do suplemento Coñecer, en Nós Diario, á venda no teu quiosque ou na nosa loxa)

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

 

Comentarios