Cabo da Cruz logrouno e volverá á máxima competición das traiñeiras, a ACT. Un premio a un club que desde hai anos fai un traballo de base encomiábel nesta pequena vila do Concello de Boiro, tanto en categoría feminina como masculina.
Cabo de Cruz logrou, con Ziérbana, o ascenso á elite das traiñeiras en augas bascas, nas regatas de Bermeo e Portugalete. Na vindeira temporada, logo, haberá 2 embarcacións galegas na ACT, Tirán e Cabo de Cruz. Descenden desa liga Zumaia e Castreña.
No que atines á Liga Galega de Traiñeiras, a categoría A contará con 2 novas tripulacións: Perillo e A Pobra, que ascenderon desde a categoría B.
Cabo súmase a Tirán para representar Galiza na elite das traiñeiras
O club barbanzán volta, 5 anos despois, á Liga ACT tras atinxir en augas vascas o ascenso xunto coa tripulación de Ziérbana.