Cabo de Cruz dálle a Galiza o seu único ouro no LXX estatal de traiñeiriñas

Os tres bronces conquistados por Mecos (2) e Tirán (1) no campionato, que tivo lugar en augas cántabras, completa o podio galego.

Traiñeiriñas

Un ouro e dous bronces é o resultado que os clubes galegos traen do LXX campionato estatal de traiñeiriñas, que esta fin de semana tivo lugar en augas de Cantabria. O ouro conquistouno a embarcación de Cabo de Cruz en categoría xuvenil masculina após se impor aos vascos de Kaiku (prata) e a Mecos (bronce). É esta a categoría que nos últimos anos máis satisfacións dá ás traiñeiriñas galegas neste campionato. En 2015 foi Mecos quen atinxiu a medalla de ouro e o ano anterior (2014) fora Cabo de Cruz quen estivo no máis alto do podio.

Na categoría absoluta a vitoria foi para Ziérbana, que se impuxo a Koxtape. En terceiro lugar entrou Tirán. No 2015 e 2014 o triunfo foi para Bermeo. Os actuais campións atinxírono en 2013. Para atopar un ouro galego hai que ir ao 2012, coa traiñeiriña de Moaña.

Koxtape fíxose co ouro en absoluto feminino ao se impor a Hibaika. A medalla de bronce conseguñirona as galegas de Mecos, que en 2014 obtiveran o ouro.

Comentarios