Cabo de Cruz conquista por décima vez consecutiva a bandeira Deputación da Coruña

A Pobra, Ares, Mera e Rianxo completan os primeiros cinco postos da regata que se disputou en augas de Santa Cristina (Oleiros).

cabo de cruz traiñeira

Poucos hai que lle podan tusir a Cabo de Cruz en Galiza, un club que a base de esforzo, planificación e canteira ten un sitio fixo na elite do remo, a Liga ACT. Esta terza feira volveu demostrar o por que é unha das traiñeiras galegas máis potentes a conquistar, por décimo ano consecutivo, a bandeira da Deputación da Coruña.

Cun tempo de 19 minutos e 17 segundos, os de Cabo superou en tres segundos as traiñeiras da Pobra e Ares, que chegaron segunda e terceira, respectivamente.Os pobrenses amosaron unha vez máis o seu excelente momento, que mantén en dura pugna con Samertolameu de Meira polo triunfo na Liga Galega de Traiñeiras.

A cuarta posición foi para Mera, un club diante do cal non queda outra que sacar o chapeu. Volveu á competición hai pouco e xa demostrou o que vale, proclamándose con contundencia campión da categoría B da Liga Galega. En quinto lugar, Rianxo, a traiñeira coa tripulación máis moza de todo o Estado español, menos de 19 anos de media.

Este ano, os premios ascenderon a 13.650 euros, que se repartiran entre os dez mellores equipos, con contías que variarán entre os 2.500 euros para os primeiros e 600  para os décimos

Clasificación

Gañador: Club de Remo de Cabo de Cruz. Tempo: 19´17´´21

2º clasificado: Club Remo Puebla.  Tempo: 19´21´´46

3º clasificado:  Club do Mar de Ares. Tempo: 19´21´´89

4º clasificado:  CD Mariñeiro Mera. 19´50´´17

5º clasificado: Club Remo Rianxo. Tempo: 20´07´´07

6º clasificado:  CR Mugardos. Tempo: 20´25´´29

7º clasificado: Club de Remo Muros. Tempo: 20´25´´79

8º clasificado:  Club Regatas Perillo. Tempo: Tempo 20´26´´64

9º clasificado : CR Cedeira. Tempo: 20´31´´92

10º clasificado: Esteirana. Tempo 21´50´´77

Comentarios