Cabo conquista o campionato galego de traiñeiras por terceiro ano consecutivo.

Venceu en categoría masculina e feminina.

Cabo traiñeiras remo Imaxe Maider Celada ACT
photo_camera Cabo de Cruz. Imaxe: Maider Celada-ACT

Por terceiro ano consecutivo Cabo de Cruz gañou o campionato galego de traiñeiras. O club barbanzán fixo 'doblete' ao se impor tanto en categoría masculina como feminina na proba desputada en augas de Moaña. As remeiras de Cabo cruzaron a liña de meta cunha vantaxe de 20 segundos sobre as competidoras de Chapela.

En categoría masculina, Cabo de Cruz logrou o campionato no que tomaron parte 12 traiñeiras cun tempo de 18:35. En segunda posición, Tirán (18:38) e terceira Samertolameu de Meira (19:01). A Pobra do Caramiñal, Ares, Chapela, Coruxo, Chapela, Vila de Cangas e Cedeira.

Os barbanzáns logran, así, a súa terceira bandeira do campionato galego de forma consecutiva (2016, 2015 e 2014). Tirán conquistara cinco camionatos continuado (de 2009 a 2013). Na última década só houbo un campionato galego que non fose gañado por Cabo ou Tirán, o de 2007, que foi para Meira.

Comentarios