A Cabana e Tirán conquistan para Galiza dúas bandeiras no campionato estatal de bateis

Gañaron nas categorías de Xuvenil masculino e feminino, respectivamente. 

Galiza gañou dúas das sete bandeiras en desputa esta fin de semana en augas de Sestao, no campionato estatal de bateis, embarcación de remo en banco fixo composta de catro remeiros e un patrón. A Cabana, na categoría xuvenil masculina, e Tirán, na xuvenil feminina, foron os clubs galegos que subiron ao máis alto do podio para recibir as medallas de ouro.

Os de Cabana impuxéronse a tripulacións tan potentes como Kaiku, Deustu ou Pasai Donibane. As remeiras de Tirán venceron a Astillero, San Nicolás e as compatriotas de Chapela e Vilaxoán.

O pamarés galego complétase, ademais desas dúas medallas de ouro, coas pratas conquistadas por Vilaxoán (infantil masculino) e Ribeira (absoluto feminino) e os bronces de Samertolameu (cadete masculino), Vila de Cangas (promesas femininas) e Mecos (absoluta feminina).

Comentarios