Burela FSF pon o ramo: campioas da Primeira división feminina de fútbol sala

Burela derrotou ao Atlético de Madrid por 5 a 1 no pavillón Vista Alegre e deu paso á gran festa (laranxa) rachada do fútbol sala galego

Burela, e A Mariña e Galiza enteira, están de noraboa após gañar o Burela FSF Pescados Rubén por 5 a 1 ao Atlético de Madrid, proclamándose así campioas da Primeira división de fútbol sala. O equipo de Pardeiro tivo nesta temporada 2 vitorias, 4 empates e só 2 derrotas.

A entrada para presenciar o encontro era de balde, o que favoreceu que houbese un ambiente incríbel no encontro na Bomboneira (como se ten referido a Vista Alegre). A cor laranxa era, loxicamente a protagonista. O Burela é o único club que ten equipos femininos e masculinos na primeira división. Motivo de orgullo nesta vila da Mariña.

Comentarios