O Burela ameaza o trono do Liceo como 'club máis laureado da Galiza'

A escuadra da Mariña é unha auténtica máquina de gañar títulos e non se albisca no horizonte un cambio de tendencia.
A última vez que se enfrontaron Burela e Poio saíron campioas as da Mariña. (Foto: Burela FS).
photo_camera As da Mariña son as vixentes campioas da Copa. (Foto: Burela FS).

O Liceo de Hóckey, que este ano festexa o seu 50 aniversario, fixo bandeira do lema "O club máis laureado da Galiza". Porén, un modesto equipo fundado na Mariña en 2001, o Pescados Rubén Burela, está acelerando até o punto de ameazar ese trono, pois hai dez anos iniciaron unha inercia gañadora que aínda non coñece fin.

Primeiro gran éxito, a Liga e a Copa de 2013

Tan só tres tempadas despois do seu debut na máxima categoría, o Pescados Rubén Burela gañaba, no mesmo ano, a Liga e a Copa de España.

2015/16, o reencontro co éxito Peque arela continuar gañando títulos coa escuadra galega. (Foto: Pescados Rubén Burela).

Despois de quedar subcampioas na Liga 2013/14 e na Copa 2014/15, as Guerreiras Laranxas reencontráronse co éxito na tempada 2015/16, na que levantaron tanto a Liga como a Supercopa.

2018/19, o inicio da idade de ouro

Nesta campaña, o Pescados Rubén Burela dá inicio a unha idade de ouro que se estende até a actualidade.

Esa tempada 2018/19 proclamáronse campioas da Copa da Raíña e da 4 Nations Futsal Cup de Milán.

Ao ano seguinte, e a pesar da pandemia da Covid 19, asinarían o mellor exercicio da súa historia, gañándoo absolutamente todo: Liga, Copa e Supercopa.

Con respecto á tempada actual, xa levantaron a Copa da Raíña e agardan seguir engadindo títulos á xa repleta sala de trofeos en vindeiras datas. 

Comentarios