O BNG leva ao Congreso a carga policial contra seareir@s do Dépor

A deputada Rosana Pérez preguntará a Interior polos motivos que levan a que a policía española proceda ''cada vez con máis agresividade''.


A carga da Policía española contra seareir@s deportivistas en Ponferrada chega ao Congreso dos Deputados. Faino a través dunha pregunta que presenta a deputada nacionalista Rosana Pérez dirixida ao Ministerio de Interior. Así, o BNG pregúntalle ao Ministerio do Interior ''como xustifica que a policía actuara con tal agresividade cando non se produciron incidentes ningúns nin durante o partido, onde ambas as afeccións mantiveron un comportamento exemplar, como ao remate".

"Como explica o Ministerio do Interior o incremento da agresividade da policía nos eventos deportivos, en manifestacións ou concentracións?"

Ademais, Rosana Pérez pregúntalle ao Ministerio do Interior "se vai abrir algunha investigación sobre unha actitude policial fóra de lugar e sen ningún tipo de contemplación contra os afeccionados e se vai dar instrucións para acabar con esta agresividade desproporcionada e con estas cargas".

Tamén se interesa a deputada por saber como explica o Ministerio do Interior o incremento da agresividade da policía nos eventos deportivos, en manifestacións ou concentracións.

Comentarios