O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, equipo da Liga Asobal, a máxima categoría a nivel estatal, realizará un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).
O obxectivo do clube galego, o primeiro en acollerse a esta medida, é aforrar o pagamento das cuotas da Seguridade Social, arredor duns 4.000 euros, dos seus xogadores e técnicos. Estes cobrarían o subsidio de desemprego mentres non houbese competición.