O 'Baby Dépor', a seguir xogando ante o Dinamo

Anos despois dos días de gloria do 'Súper Dépor' e do 'Euro Dépor', o 'Baby Dépor' colle a remuda e aspira a seguir facendo historia na Youth League.

16.000 almas animarán en Riazor. (Foto: RC Deportivo).
photo_camera 16.000 almas animarán en Riazor. (Foto: RC Deportivo).

Anos despois dos días de gloria do 'Súper Dépor' e do 'Euro Dépor', o 'Baby Dépor' colle a remuda e aspira a seguir facendo historia na Youth League.

Deste modo, o equipo dirixido polo lendario Manuel Pablo recibe hoxe na Champions League da categoría xuvenil o Dinamo de Kiev ucraíno a partir das 19 horas, nun encontro no que os xogadores branquiazuis volverán contar cun apoio masivo por parte da afecció.

Desde o club informaron de que con data de onte xa se despachara unha cifra superior aos 16.600 boletos, algo que, tal e como destacou o propio Manuel Pablo, "en anteriores eliminatorias en Riazor foi fundamental".

O técnico canario contará para o choque desta tarde con practicamente todos os seus homes, incluídos aqueles que xa están plenamente inmersos na dinámica do primeiro equipo, casos de Noel, Mella ou Yeremay.

A excepción será Trilli, pois logo da lesión de Víctor García o lateral dereito de 18 anos é o único ás ordes de Borja Jiménez, polo que se decidiu apartalo deste encontro.

Cuestionado sobre as súas posibilidades de vitoria, Manuel Pablo puxo a venda antes que a ferida e anticipou que este "será un partido máis fechado que contra outros rivais". Non obstante, apostilou que o Dinamo "está en pretempada", polo que "está por ver o seu estado físico".

Comentarios