luns 01/03/21

Audiencia de Madrid ratifica a liberdade dos 4 presuntos asasinos de 'Jimmy'

A sentenza di que está “plenamente xustificada” a excarceración dos catro membros do 'Frente Atlético' decretada o 21 de maio

jimmy-crop

A audiencia Provincial de Madrid v'en de desestimar o recurso de apelación contra a posta en liberdade dos catro presuntos asasinos do seareiro deportivista Francisco Javier Romero, 'Jimmy', por considerar que a posta en liberdade está “plenamente xustificada”.

No auto xudicial os maxistrados da Sección Sexta da Audiencia desestiman os recursos interpostos pola Liga de Fútbol, a acusación particular e a Fiscalía contra o auto do pasado 21 de maio do xuíz Pedro Merchante que ordenou a liberdade provisional dos catro ultras do Atlético de Madrid. Este maxistrado sinalou que a Policía cometeu un “erro contundente” na identificación de 'Jimmy'. Considera que a posta en liberdade destes catro integrantes do Frente Atlético xustifícase polas testemuñas dos axentes de mobilidade e o taxista que gravou o video no que se ve que a persoa guindada ao río en primeiro lugar non era 'Jimmy', senón Santiago A., outro seareiro deportivista.

comentarios