A Audiencia de Madrid non localiza a testemuña chave na investigación polo asasinato de Jimmy

O caso estaba pechado pero a Audiencia de Madrid ordenou o pasado mes de abril a súa reapertura a pedimento dun recurso interposto pola acusación particular contra o auto que  sobreseíu a causa en xuño de 2018 ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".
Bandeira en homenaxe a Jimmy
photo_camera Bandeira en homenaxe a Jimmy

A Audiencia Provincial de Madrid, a través da Policía Xudicial, non localiza por agora á testemuña chave na investigación penal pola morte do seareiro do Dépor Francisco Javier Romero, 'Jimmy', asasinado o 30 de novembro de 2014 nunha emboscada de ultra dereitistas, confirmaron a Europa  Press fontes xurídicas.

O caso estaba pechado pero a Audiencia de Madrid ordenou o pasado mes de abril a súa reapertura a pedimento dun recurso interposto pola acusación particular contra o auto que  sobreseíu a causa en xuño de 2018 ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".

A viravolta no caso produciuse ao considerar a Audiencia a unha testemuña ignorada polo xuíz instrutor que apareceu durante as pescudas xudiciais nun oficio da Policía no que se indicaba que manifestou en sede policial quen era os autores e que coincidían cos nomes que apuntou unha testemuña protexida ao que non se deu credibilidade.

A defensa da familia do falecido recorreu o auto de arquivo debido a que o instrutor non tomou declaración a esta testemuña, un feito que si valorou a Audiencia.

 A pesar diso, a Sección a través da Policía leva desde abril tentando sen éxito localizar a esta persoa, segundo sinalaron a Europa  Press as mesmas fontes. "A Policía aínda non deu ao xulgado a dirección exacta", engaden as fontes.

Os maxistrados da Audiencia madrileña sinalaron que se os nomes dos supostos autores dos feitos coincidían cos nomes que deu unha testemuña protexida xa non se podería dubidar da credibilidade da testemuña protexida.

O auto da Audiencia apuntaba que esta testemuña non quixo declarar ante a comisaría ao non ter protección e tampouco o citou o xuíz, quen non lle outorgou o recoñecemento de testemuña protexida na causa penal como si fixo con outras persoas que presenciaron os feitos.

Comentarios