A Audiencia absolve o menor condenado polo homicidio de 'Jimmy'

Os xuíces considérano culpábel dun delito de lea tumultuaria e de tenza ilícita de armas, mais non do homicidio.

jimmy-crop

A Audiencia Provincial de Madrid absolveu o menor condenado en febreiro polo homicidio do seareiro deportivista Francisco Javier Romero 'Jimmy'. Os maxistrados estimaron o recurso interposto pola defensa de A.G.G 'Kit Kat' contra a sentenza que o condenaba a seis anos de internamento e dous de liberdade vixiada.

Mais a revocación desa resolución é parcial, pois os maxistrados si que consideran o menor culpábel de participar na lea tumultuaria do 30 de novembro de 2014 na que se asasinou o seareiro do Dépor. Tamén o considera culpábel de tenza ilícita de armas. Por eses delitos imponlle a A.G.G 60 horas de prestación de servizos á comunidade.

Os xuíces entenden que “non hai cargo de proba abondo para destruír a presunción de inocencia de A.G.G a respeito do delito de homicidio”, engadindo que hai unha “falla de credibilidade” da testemuña protexida que o acusou. A isto engade que houbo vulneración de “dereitos procesais” do menor. 

Comentarios