O TAS mantén a sanción imposta por dopaxe de estado

O atletismo ruso, apartado de Rio 16

O Tribunal de Arbitraxe Deportiva (TAS) rexeitou o recurso do Comité Olímpico Ruso e deixa fóra dos Xogos Olímpicos de Rio 2016 ao atletismo ruso. O resto de deportes da expedición rusa están pendentes da decisión do Comité Olímpico Internacional (COI).

Alexander Zhukov, Presidente do Comité Olímpico Ruso. Foto: Russian Olympic Comitee
photo_camera Alexander Zhukov, Presidente do Comité Olímpico Ruso. Foto: Russian Olympic Comitee

O Tribunal de Arbitraxe Deportivo (TAS) vén de confirmar a exclusión dos atletas olímpicos rusos dos Xogos de Rio de Janeiro 2016. Esta decisión confirma a decisión do pasado mes de xuño da IAAF de impedir á selección a competición en probas internacionais, rexeitando a apelación presentada polo Comité Olímpico Ruso xunto a 68 atletas contra dita sanción.

O TAS mantivo firme a suspensión contra a Federación Rusa de Atletismo, que impuxera a Federación Internacional de Atletismo (IAAF), manténdoa por última vez, no pasado mes de xuño, vetando a competición internacional de todos os deportistas desta federación. Unha decisión que aparta a toda unha expedición, en base aos continuados casos de dopaxe que afectaron á Federación Rusa. Coa apelación, o Comité Olímpico Ruso esperaba unha excepción a 68 atletas sen casos de dopaxe confirmados.

A participación dos demais deportistas rusos en Rio 16' segue pendiente da decisión do COI, após a publicación do Informe McLaren publicado pola Axencia Mundial Antidopaxe, no cal se acusou ao estado ruso de dopaxe de estado, principalmente, durante os xogos de Sochi. O documento elaborado polo avogado canadense Richard Mclaren, quen demostraba 640 positivos en 29 deportes diferentes.

Comentarios