O atletismo feminino galego segue a estar entre o mellor a nivel estatal

Nos últimos anos o atletismo feminino galego está entre os mellores. As disciplinas máis destacadas son as de lanzamento. 
Belén Toimil nun lanzamento (Foto: Nós Diario).
photo_camera Belén Toimil nun lanzamento (Foto: Nós Diario).

A día de hoxe, un total de vinte e sete atletas da Galiza ocupan postos importantes das distancias olímpicas na clasificación estatal absoluta permanente.

Compre salientar que no inicio desta lista sitúanse tres galegas  (Julia Vaquero, Belén Toimil e Ana Peleteiro) que posúen na actualidade a maior marca nas súas respectivas modalidades.

Da mesma maneira, no total de atletas do país, dez correspondan á categoría feminina por tan só un da categoría masculina o que pon de manifesto a gran relevancia e calidade do atletismo galego feminino nestes últimos anos.

O rexistro máis antigo data de 1993, cando Alejandro Gómez estabelecía en Oslo un crono de 27:39.38 sobre os 10.000 metros, sendo na categoría feminina Angeles Barreiro quen facía o propio no concurso de disco con 60.56 metros un ano despois en Ferrol. 

Os lanzamentos en primeiro lugar

Por especialidades destaca o sector dos lanzamentos que conta cun total de nove atletas nos postos importantes, dominando por modalidades a modalidade de xavelina, e a proba dos 35 km marcha, esta última de recente implantación.

En canto a nomes propios, dous das atletas estandarte que marcaron toda unha época neste deporte, Julia Vaquero e Alejandro Gómez, figuran en máis dunha ocasión nas primeiras posicións após ter sido capaces de facer, ao mesmo tempo, probas os 5.000 m e os 10.000 m e a proba de maratón. 

Por último un dato importante é que nos últimos dous lustros incorporáronse a esta relación un total de doce atletas galegas e galegos, unha cifra que representa algo máis dun 40% e que reflicte unha importante dinámica de rexuvenecemento nos distintos rexistros que se teñen até o de agora.

Comentarios