O Atlético Guardés regresa para xogar un partido adiado en outubro

As do sur da Galiza volven mes e medio despois
As guerreiras da Guarda son favoritas ante o Xixón. (Foto. Atlético Guardés).
photo_camera As guerreiras da Guarda xogan este sábado contra o Morvedre de Sagunto (Foto: Atlético Guardés).

Primeiro o Mundial, logo as festas de Nadal... por unha razón ou por outra, a realidade é que o Atlético Guardés leva sen disputar un partido da Liga Guerreiras Iberdrola desde o 17 de novembro, cando empatou (34-34) co Rocasa Gran Canaria no Pavillón Insular Antonio Moreno.

Agora, e coas pilas máis que cargadas, as do sur da Galiza regresan este sábado ás 18 horas da tarde para xogar ante Mordevre un compromiso adiado o pasado 23 de outubro de 2021 a causa da disputa da Liga Europea.

Deste modo, o conxunto miñoto arranca a competición ligueira unha semana antes que os seus competidores, e faino tendo moi  claro o seu obxectivo: sumar todos os puntos en xogo posíbeis para achegarse aos postos europeos.

O Guardés afronta este choque coas baixas de Hannah Nunes e Tamires Anselmo

Os dous primeiros estarán en liza ante unha escuadra valenciana que ocupa a undécima posición da táboa, inmersa de cheo nunha batalla pola permanencia na que mantén todas as súas opcións intactas. 

Para as xogadoras dirixidas por Vicent Sos o encontro da Sangriña supón unha oportunidade para subir postos na táboa, misión para a que adoita apostar por un balonmán veloz e atrevido da man dunha mestura entre a experiencia de Celia López ou Helena Martín coa mocidade das prometedoras Lucía Gámez, Matilde Tisató ou Malena Guerisoli.

O Guardés, pola súa parte, afronta este choque na mesma situación na que leva todo o curso.

As ausencias de Hannah Nunes e Tamires Anselmo xa son recorrentes, polo que o seu técnico, José Ignacio Prades, deberá recorrer de novo ás xogadoras do equipo xuvenil para tratar de suplir a súa falta de efectivos.

Comentarios