O Atlético desarma o Celta e vence con autoridade en Balaídos

O conxunto madrileño adiantouse na volta do descanso e acabou goleando con comodidade (0-4). Terceira derrota do equipo celeste, que segue sen puntuar na Liga. 

(Imaxe: RC Celta)
photo_camera (Imaxe: RC Celta)

Duro castigo para o Celta. O equipo galego caeu este sábado fronte o Atlético de Madrid, por 4 goles a cero, malia ser superior e dispoñer de boas ocasións para adiantarse durante a primeira metade. Os tantos de Koke, Griezmann por partida dobre e Correa sentenciaron a base de contragolpes ao conxunto de Eduardo Berizzo, que arriscou en busca do empate. 

O encontro empezou con intensidade por parte de dous equipos feitos a imprimir un ritmo asfixiante. O Celta tivo máis o balón e xerou perigo na área rival, mais sen éxito. Señé, que foi novidade no equipo titular, puido adiantar os celestes no minuto dez mais pero o disparo ao lateral da rede. Pasada a primeira hora foi Bongonda, que gañou por velocidade a defensa atlética, quen marrou outra gran oportunidade. 

“A lección do partido é que hai que competir sempre á máxima intensidade”, sinalou Berizzo

Despois do descanso, o partido cambiou por completo. O Atlético subiu un par de marchas, desarmou as liñas de pase do conxunto vigués e castigou a defensa celeste coa súa mellor arma, os balóns por arriba. Así chegaron os catro tantos dos madrileños. Os de Berizzo arriscaron despois de recibir o primeiro gol e acabárono pagando cunha goleada en contra, que deixa o equipo galego con cero puntos despois de tres xornadas de Liga. 

“A lección do partido é que hai que competir sempre á máxima intensidade”, recoñeceu o adestrador celeste na rolda de prensa posterior. Ademais, o técnico arxentino recordou que o obxectivo da temporada pasa pola permanencia. “Europa é moi bonita pero a realidade é corenta puntos, que o do ano pasado non nos descentre”.

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Rossi, min.68), Pablo Hernández, Señé (Sisto, min.75), Bongonda (pape, min.86) y Iago Aspas

Atlético: Oblak, Juanfran, Godín, Savic, Filipe Luis, Gabi (Tiago, min.82), Koke, Carrasco /Correa, min.68), Girezmann y Fernando Torres (Gameiro, min.62)

Goles: 0-1, min.52: Koke; 0-2, min.72: Griezmann; 0-3, min.81: Griezmann; 0-4, min.89: Correa

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Cartóns amarelos para Gabi, Correa e Señé.

Campo: Balaídos, 18.100 espectadores. 

Comentarios