Atletas da Galiza loitarán no Campionato de España máster en Estepona, Málaga

Once deportistas estarán no Campionato de España máster de atletismo. Entre os clubs que participarán firan o Club Atlética Silva e o Samertolameu.
Esther Pedrosa estará en Estepona, Málaga (Foto: Nós Diario).
photo_camera Esther Pedrosa estará en Estepona, Málaga (Foto: Nós Diario).

Esta fin de semana un total de once atletas da Galiza participarán no Campionato de España máster que sobre as modalidades de Combinadas, Pentatlón de Lanzamentos, Milla e 10.000 m. desenvolverase conxuntamente na localidade malagueña de Estepona. 

Por clubs, haberá unha representación do Club Atlética A Silva que viaxará co seu presidente na expedición.

Precisamente Pepe Domínguez, concursará na modalidade de combinadas na M50  acompañado pola campioa de España, María Abuín, na categoría F60 na modalidade Pentatlón de lanzamentos, e a campioa mundial de pista cuberta, María de los Angles Rodríguez, quen tomará parte en Heptatlón na categoría de F60. 

Tamén estará a S.D. Compostela Atletismo que viaxará cun dos seus responsábeis e especialista nas probas de ruta, Amador Pena, quen estará participando na M40, tanto sobre os 10.000 m. como sobre a milla. Pena acudirá acompañado por Emilio García que sobre a M45 estará na Milla. 

Todos os ollos postos en Esther Pedrosa

O Samertolameu é outro dos conxuntos que envía representantes a esta cita. En concreto participa co campión de España en xavelina, Javier Viteri, na M60, que concursará sobre o modalidade de Pentatlón de lanzamentos así como o plusmarquista mundial de relevos, Pablo Fervenza, na M70, que por partida dobre estará na milla e nos 10.000 m.

A máis agardada será a tamén plusmarquista mundial feminina, Esther Pedrosa, que tomará a saída na milla, distancia esta da que posúe o récord de España.

Por último, viaxarán o especialista máster das combinadas, Carlos Ferrer (Atletismo Narón), Juan Miguel Maillo (ADAS CUPA) e Emilia Mesa (Ourense Atletismo).

Comentarios