Iago Aspas reivindica a selección galega: “Gustaríame que volvese”

O xogador do Celta lembra a súa experiencia coa camiseta da Galiza fronte a Venezuela en Riazor: “Pareceume precioso”.

iago aspas seleccion galega
photo_camera Aspas durante o encontro Galiza-Venezuela, maio de 2016. Imaxe:RFGF

Iago Aspas foi o convidado do programa ‘Hoxe con Manquiña’ que emite a TVG e que presenta o actor Manuel Manquiña. O xogador do Celta fixo un repaso pola súa traxectoria futbolística, desde os seus inicios no Alondras até hoxe e reivindicou a selección galega. “Gustaríame que volvese”, confesou o de Moaña, que engadiu que o seu debut coa camisola da Galiza contra Venezuela “pareceume precioso”. Aquel partido foi o seu estreo coa absoluta pois, como el propio lembrou no programa, xa xogara na selección galega en categorías inferiores.

seleccion galegaHoubo tempo tamén para falar do Deportivo, que esta semana xógase o seu ascenso a Primeira División. “Sempre dixen que eu quero que o Dépor estea con nós en Primeira, polo moito que representa para o fútbol galego e polo impacto económico positivo”, manifestou Aspas, engadindo que así volvería haber oportunidade de gozar de ‘O Noso Derbi’. O celtista, iso si, sobre un posíbel futuro no que o seu fillo quixese xogar no equipo coruñés mostrouse claro: “Iríamos os dous traballar á batea”.

O de Moaña cre que aínda lle quedan por diante varios anos de fútbol ao máximo nivel “e até que me retire, intentarei conseguilo [un título] co Celta”. Tamén manifestou que cando se retire como futbolista gostaría de continuar ligado a este deporte, “quer como adestrador quer como director deportivo”.

Lembrou que “a chamada da selección española é un premio ao traballo diario que fas co teu equipo”. Tamén confesou a Manquiña que Berizzo goi para el o mellor adestrador que tivo

Comentarios