mércores 08/12/21

Os galegos Arévalo e Germade, a semifinais do K4 500 con récord olímpico

O equipo do K4, que completan Saúl Craviotto e Marcus Cooper Walz, clasificouse directamente para as semifinais dos 500 metros cun tempo de 1:21.658.
O equipo do k4 500 de piragüismo formado por Craviotto, Cooper Walz, Arévalo e Germade. (Foto: RTVE).
O equipo do k4 500 de piragüismo formado por Craviotto, Cooper Walz, Arévalo e Germade. (Foto: RTVE).

Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, os dous piragüistas galegos integrantes do equipo de K4 500 comezaron coas mellores sensacións a súa travesía cara o ouro olímpico nos Xogos de Toquio.

Ese é o obxectivo. E de madrugada lograron a clasificación directa para as seminifinais, sen necesidade de competir nos cuartos, como primeiros da súa serie e cun tempo récord, mellorando a marca olímpica que estabelecida por Alemaña na fase anterior.

Foron primeiros cun tempo de de 1:21.658. Por detrás do equipo representante do Comité Olímpico Español, Eslovaquia (+0.15 centésimas). De cara a final, o K4 do que son parte os deportistas galegos deberán contar tamén coa marca doutros grupos favoritos, como é o caso dos alemáns, clasificados cun tempo de 1:21.890.

A final, este sábado de madrugada

Con todo, Craviotto, Cooper Walz, Arévalo e Germade terán que competir primeiro na segunda semifinal  xunto a Australia, Hungría, Canadá e Portugal. Será este sábado ás 3.28 hora galega. Aí buscarán un posto na gran final que se vai disputar tamén de madrigada, ás 5.37 horas.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Os galegos Arévalo e Germade, a semifinais do K4 500 con récord olímpico
comentarios