Ares mete a bordo a última proba da pre-tempada de traiñeiras

Impúxose na contra reloxo de Mera, onde tomaron parte unha decena de embarcacións.

Traiñeira Ares LGT

Ares impúxose na regata contra reloxo de traiñeiras que esta fin de semana tivo lugar en Mera, marcando un tempo de 20:57:56. É o segundo título que Ares, vixente campioa da Liga Galega e que conquistou ascenso á ACT, logra esta pre-tempada. O anterior foi o Memorial Lagar.

Na regata de Mera, a embarcación de Mecos acadou o segundo posto e Vilaxoán foi terceiro, completando o podio. Esta é a última regata desta pre-tempada pois este sábado comeza no Grove a liga Galega de Traiñeiras.

As diferentes regatas da pre-tempada deixaron diferentes vencedores. Meira impúxose na ‘Paco Fenosa’, Cabo de Cruz na ‘Pepe O Riso’ e contra reloxo de Cabo, e Tirán gañou a contra reloxo de Pedras Negras.

Comentarios