Hugo Mallo: "moi arrepentido" da súa foto e Aspas recoñece que "a caguei" coa cabezada

Hugo Mallo fotografado camiño de Riazor cun escudo do Depor coa lenda de "véndese". A cabezada de Iago Aspas a un xogador deportivista. O dianteiro celtista Mario Bermejo tiroulles aos seus dous compañeiros das orellas: 'Quen con nenos se deita...acorda mollado". Mallo xa pediu perdón nunha rolda de impresa. Aspas, por twitter
Hugo Mallo

Pouco despois de finalizado o encontro de Riazor, o dianteiro do Celta Mario Bermejo falou claro nunha cadea de radio en referencia ao comportamento dalgún dos seus compañeiros: "Non somos maduros, non somos un equipo de barrio, somos profesionais e estamos representando a un clube que está en Primeira. Agora terá que aumir todas as parvadas que fixo". A primeira das recriminacións ía para Hugo Mallo, xogador do Celta que se fotografou camiño de Riazor cun escudo do Deportivo coa lenda de 'véndese'.

O Deportivo "é un equipo ao que teño aprecio porque cando me lesionei, preocupouse"

Mais non foi a única andanada lanzada por Bermejo. Iago Aspas tamén levou as súas. Primeiro, Bermejo dixo que acción de Aspas foi "absurda". Para engadir a continuación que "se é un home agora ten que dar un paso á fronte e saber que a cagou, ten que se decatar de que non está no patio do colexio a xogar con colegas".

Mallo xa pediu perdón ao Deportivo e os seus xogadores e dixo estar "moi arrepentido". Indicou que a súa intención ao se facer a foto era só a de "vivir o derbi dunha forma especial". Engadiu mesmo que o Deportivo "é un equipo ao que teño aprecio porque cando me lesionei, preocupouse".

Aspas: "Seino, cagueina"

Iago Aspas tamén se disculpou, elexindo para iso a vía do seu twitter (@aspas10). Doi en dous chíos. No primeiro o de Moaña afirma: "Quero pedir disculpas aos meus compañeiros, ao clube e á aficción!! son momentos difíciles para min e o @rccelta_oficial non se merece isto!"

No segundo, sinala que "todo o mundo ten dereito a se equivocar e, seino, cagueina, mais isto nun futuro farame sermáis forte e volver con máis gañas para axudar".

Comentarios